Irmán ou irmá do pai ou da nai dunha persoa
Etimoloxía
Desde o grego theíos ‘irmán do pai ou nai’, que se incorpora á lingua desde o latín tardío thiu, -ae ‘tío, tía’.
Exemplos *
“O tío Vladimiro é un señor moi estraño ao que todos estamos afeitos porque sempre viviu na casa da miña familia [...]” (Samuel Solleiro: Dz ou o libro do esperma/ tentación, 2006)
“O paraugas, mercado en Ourense capital, pertencía ao seu tío Manoel [...]” (Paula Mariño Mazó: Na derruba/ O paraugas, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.