tipógrafo, -a

Profesional que, nunha tipografía ou nun xornal, se encarga de compoñer e corrixir os textos antes de seren imprimidos

Etimoloxía

Palabra que se forma coa partículas gregas týpos ‘tipo’ e –grafo ‘escrito’.

Exemplos *

“Armand Guerra (1886 Valencia-1939 París) é o alcume que utilizaba José Armando Estívalis Calvo, un polifacético tipógrafo, xornalista (foi correspondente en París e Berlín da revista Popular Film), viaxeiro, cineasta e actor.” (Pau Martínez Muñoz: Cinema e guerra civil. Novos achados. Aproximacións analíticas e historiográficas / Os documentais anarquistas durante a guerra civil española, 2009)

“Pablo Iglesias estivo en Vigo en 1894 convidado pola Sociedade de Canteiros, feito que deu lugar a que axiña se organizasen outros oficios, entre eles os tipógrafos.” (Clodio González Pérez: Galicia Hoxe, 10-3-2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.