tiracroios

Pau gallado suxeito a cada un dos extremos e unidas por unha peza de coiro onde se colocan as pedras ou outros obxectos pequenos, que se lanzan estirando as gomas e soltándoas bruscamente

Etimoloxía

Palabra composta do verbo “tirar” palabra de orixe incerta e o substantivo “croios” que procede do celta crodios ‘duro’.

Exemplos *

“Todo empezou cando o gato dos veciños apareceu morto na nosa leira, xunto ao arame. Ao primeiro os veciños pensaron que fora eu que lle dera co meu tiracroios. Pero logo viuse que o gato non tiña ferida ningunha. Non se sabía de que morrera.” (Miguel Anxo Murado: O soño da febre, 2007)

“O suceso aconteceu cando ía tomar café. Vin ao lonxe a un neno xogando cun tiracroios e xa os recordos me asaltaron de cando eu facía o mesmo alá no meu Baños de Molgas.” (Chito Rivas: La Región, 23-5-2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.