tiranía

Abuso de poder, comportamento autoritario / Goberno absoluto, arbitrario e cruel que exerce o tirano

Etimoloxía

Palabra culta procedente da grega tyrannía

Exemplos *

“E tiña razón / no que ela dicía: / o pobo ha de alzarse / contra a tiranía. / O pobre traballa / e é o rico quen come: / contra esto han de oporse / mulleres e homes.” (Darío Xohán Cabana: Cinco lendas, 1993)

“Elisabeth un ciclón made in U.S.A. / sementou o Caribe de cadavres / Bombas en seta, pun e tiranías, /negro linchado en Little Rock, Arkansas, / os dereitos do home en guerra fría.” (Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra, 1962)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.