tirizó

Gran ou furuncho que sae na beira das pálpebras

Etimoloxía

Pénsase que a orixe desta palabra é froito do cruzamento de “torcer” con “orizó” que procede do latín hordeolu ‘gran de orxo ou cebada’.

Exemplos *

“Tamén, despois de apagar o lume, se pasaba o gado por derriba da cinza para que non collese doenzas. Igualmente o lume serve para curar certas pequenas enfermidades superficiais, como feridas, espullas ou tirizós.” (Vítor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, 2011)

“Para trata-los tirizós que saen nos ollos tamén había outra fórmula que consistía en coller unha palla de centeo que tivese un nó e dicir "tirizó, tirizó tan grande sexa o tirizó como este nó", e logo queima-la palla no lume.” (Jesús Alfonso Parada Jato: Usos, costumes e cousas do Courel, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.