tisana

Bebida preparada con herbas, flores ou sementes medicinais mediante infusión ou cocción

Etimoloxía

Termo que vén do latín. tisāna, variante destoutra ptisāna, que remite ao grego ptisánē ‘esmagar no morteiro’.

Exemplos *

“–Tome, Mlle. Beba, sentaralle ben.

–Eu non é que guste moito das tisanas. Que vai! Máis ben nada.” (Xulio Pardo de Neyra: Intensa e quente é a túa humidade azul, 2014)

“Os timbrazos e as chamadas coa campaíña podían producirse tamén de noite , ante unha eventualidade calquera : axiña se tiñan que erguer do leito para preparar unha macela ou tisana.” (Xavier Castro: Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia. Séculos XIX e XX, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.