Tuberculose pulmonar
Etimoloxía
Denominación que bebe do antigo ptisis, este do latín pthisis ou phthisis, que, á súa vez, remite ao grego phthísis 'consunción'.
Exemplos *
“El está detido por formar parte do goberno clandestino republicano en tempo da ditadura Berenguer que ampara a monarquía. Ela mírao con espanto. O que ve é «o fantasma do pai». Un pelello abatido pola tise e o presidio. Todo cambiou. Nada hai alí do cálido fogar.” (Manuel Rivas: Os libros arden mal, 2006)
“As doenzas son como as modas. Desaparecen unhas e veñen outras. Xa non se fala de lepra nin de tises. Os ricos morren de tensión e os pobres de fame.” (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.