Profesor responsable da orientación dun alumno ou grupo de alumnos na súa educación ou nun proxecto de investigación.
Etimoloxía
Procede do latín tutor, -oris 'defensor, protector', que se formou a partir do verbo tueri 'mirar', e tamén 'protexer'.
Exemplos *
"Desde o coche púxose en contacto coa mestra, a quen supuña traizoada na súa confianza.
Non vía o rostro da titora mentres llo contaba, pero era doado deducir, polo tenso silencio que seguiu, que o consideraba unha grave metedura de pata." (Xavier Quiroga: Atuado na braña)
"O titor informa que desde que asiste á aula de diversificación curricular o seu rendemento e actitude mellora." (Ana Iglesias Galdo: Educar e castigar. Unha historia do presente da xustiza de menores en Galicia)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.