Designación das alíneas dunha lei, código etc.
Etimoloxía
Vén do latín, da palabra titulus, -i 'inscrición, rótulo'
Exemplos *
"… a diversidade de medidas que a Lei considera -por exemplo acerca da sensibilización, no título I; ou no ámbito educativo, do capítulo I; ou da publicidade e os medios de comunicación, do cap.II- han de requirir o transcurso dun tempo suficiente para poder detectar os efectos e defectos da súa aplicación." (Ana Mª Pérez del Campo Noriega: Tratamento da violencia de xénero dende políticas de igualdade)
"… inspirados no dereito romano e mais nas Partidas (Lei 69, Partida 3, título 18), identificaron o foro con enfiteuse que tan bos resultados agrícolas estaba a dar en Cataluña." (Ramón Villares: Foros, frades e fidalgos)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


