tizón

Pau ou acha que se mantén ardendo por un lado, con chama ou sen ela, ou que está xa apagado e ennegrecido totalmente ou só por un extremo.

Etimoloxía

Creado a partir do clásico titio, –onis 'resto de madeira queimada'.

Exemplos *

"Como colocar a leña verde e como o tizón da seca fai máis brasa e non arde tanto." (Afonso Eiré: Eu tamén fun coas vacas)

"Sofía, unha muller de cincuenta e moitos anos, estranxeira, con cara rubicunda curtida polo sol, estirábase para alcanzar da lareira un tizón prendido e darlle lume a un cigarro negro que pendía dos seus labios." (Ángel de la Cruz: O descenso do derradeiro ocaso)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.