toalla

Peza de tea cadrada ou rectangular que se emprega para enxugar o corpo ou unha parte del.

Etimoloxía

Apúntase que puido chegar desde o provenzal, pero a orixe parece estar nunha forma xermánica thwahljo.

Exemplos *

“O pintor levaba embaixo do brazo unha toalla, coma dando a entender que ía ou viña da praia.” (Silvio Santiago: O silencio redimido. Historia dun home que pode ser outro)

“… anciáns a mollar os pés na auga, parellas arreboladas na toalla, parasoles abertos de mil cores, cativos a moldear a area… os tópicos do verán todos.” (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.