Persoa que toca un instrumento musical
Etimoloxía
Voz derivada sobre o verbo “tocar” que ten orixe expresiva.
Exemplos *
“O Acordeón vertía a cachón as bágoas do crime calado nos tangos, afastados, con letra ou sen letra. E o neno chegou a tocador de tangos, sen lle gustaren os tangos... En Vilaquinte bailábase un crime calado cada noite de domingo.” (Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes: Morrer en Vilaquinte, 1980)
“Nesa parroquia, ben próxima a Ourense, cando só eran corenta veciños chegou a haber dezaseis tocadores de acordeón.” (Xurxo Souto: Sermos Galiza, 28-8-2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


