Peza de vestir exterior, longa, frouxa e xeralmente de cor negra, usada por maxistrados, avogados, catedráticos e doutores universitarios en certas cerimonias
Etimoloxía
Palabra culta que procede da latina toga de significado semellante.
Exemplos *
“Imitaban unha comparsa do Entroido, coas súas togas brancas, capas negras, fracs, pantalóns, chaquetas, gravatas, todos traxados cunha elegancia fría coherente cos seus rostros de pedra.” (Antón Dobao: Incertos / Círculo vicioso, 2008)
“O pai e o avó de Miguel eran xuíces. O bisavó non sei, aínda que me temo que de algures tiña que vir esa devoción pola toga e os puños de encaixe. Xuíces, si. E uns pequenos sátrapas.” (Xabier López López: Os libros prestados, 2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.