Pavillón ou cuberta de lona impermeable ou de material plástico, destinada principalmente a protexer un lugar do sol ou da chuvia
Etimoloxía
Dise que procede do francés antigo taud 'alcázar', voz de orixe xermánica.
Exemplos *
“Nesta festa vólvense revivir os tempos do medievo nas estreitas e empedradas rúas da vila, nos postos de mercadorías protexidas do sol con toldos e mais cos voladizos dos tellados para evitar a lentura.” (Xosé Lois Ripalda: O país dos mil ríos. Cultura fluvial en Galicia, 2009)
“Baixo o toldo ía calor. Pingas de auga rolaban pola lona e o sufoco era unha sensación que secaba as gorxas da parroquia. Berrábanse os nomes das bebidas, o fume das farias facía espirais e flotaba en nubes en torno ós farois do bochinche.” (Xesús Fraga: Tute para catro, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.