tolerancia

Calidade de quen respecta as opinións e actitudes dos demais aínda que non coincidan coas súas

Etimoloxía

Palabra que chega desde o latín tolerantia, -ae ‘capacidade para soportar a dor ou a adversidade’.

Exemplos *

“Luminarias que falaban da tolerancia entre a xente fose cal fose o seu pensamento ou a súa relixión, da existencia dunha lei natural, do imperio da razón, do dereito a ser feliz neste mundo sen agardar ó outro...” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

“...que introduza no escenario social as novas escalas de valores baseadas no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, así como no exercicio da tolerancia e da liberdade dentro dos principios democráticos de convivencia, todo iso dende a perspectiva de xénero.” (Ana Aba: Tratamento da violencia de xénero dende as políticas de igualdade, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.