Pau fixado ao bordo da embarcación ao que se suxeita o remo co estrobo.
Etimoloxía
Procede do francés tolet, que o tomou do xermánico, probablemente do escandinavo antigo thollr.
Exemplos *
"A señora María recollía o cabo, apuxaba a gamela, pintada de verde e azul, aseguraba os remos ós toletes e vogaba firmemente cara ó Carrumeiro Grande no sosego da tarde." (Darío Xohán Cabana: Vidas senlleiras)
"A nós, rapazolos de ribeira que o máis, o máis, sabiamos as chalanas e do que era un rizón, un tolete e un estrobo." (Vicente Araguas: A canción do verán)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.