tomate

Froito da tomateira, de forma arredondada ou alongada segundo a variedade, pel lisa e brillante de cor vermella e con moitas sementes na polpa.

Etimoloxía

A denominación veu de América coma o produto, neste caso do náhuatl tómalt.

Exemplos *

"… alí colleita elementos para a cociña diaria, desde leitugas, tomates ou cebolas ata o perexil e outros miudallos condimentarios." (Xosé Chao Rego: Para comprendermos Galicia)

"Seguiu unha ensalada de tomates vermellos e amarelos, con vexetais verdes e aderezo de xerez e, para rematar, un xeado de mango e coco con pexegos, framboesas e dúas salsas." (Xosé Martínez Couselo: O Correo Galego 03-10-2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.