tombo

Libro de pergameo de gran tamaño que teñen as igrexas, conventos, mosteiros, municipios e outras comunidades, coas copias dos seus privilexios e das escrituras das súas propiedades

Etimoloxía

Denominación que procede da grega týmbos 'túmulo'.

Exemplos *

“Noutros foros que aparecen no tombo de 1166 do mosteiro de Samos atopa o profesor Andrade o menú dun festín do abade, que consta de pantrigo e viño, dous pratos de peixe coa súa salsa ben feita, unhas olas con dúas ou tres anguías, fabas e outros legumes ; varios doces.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)

“Aquel tomo enorme é o Tombo medieval, inédito, e alí poderás ver a sinatura do gran conde de Traba, de moitos dos grandes reis de Galicia, Asturias e León e moitas outras cousas.” (Manuel Gago: O anxo negro, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.