tomo

Cada unha das partes en que se divide un libro, xeralmente encadernadas por separado e numeradas independentemente

Etimoloxía

Vocábulo que chega directamente do latín tomus e este do grego tómos ‘sección’.

Exemplos *

“No primeiro dos seus tomos, que fala das épocas máis antigas _o que por outra banda parece case inevitable_, fálanos don Benito da existencia na Fisterra da Antigüidade dun famoso templo, o Ara Solis, ou templo do deus Sol.” (José Carlos Bermejo Barrera: Os señores da mentira. Política e cultura en Galicia / Dona Ánxela e O Templo Do Sol / Apéndice, 2012)

“Aínda así, Mónica pechou o cuarto con chave antes de sacar os vellos tomos do seu agocho e pousalos sobre o leito co máximo coidado.” (Elena Gallego Abad: Dragall III. A fraternidade do dragón, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.