tónica

Bebida refrescante que se elabora con auga, gas e quinina

Etimoloxía

O termo é froito da redución da frase "auga tónica", onde o adxectivo procede da palabra grega tonikós a través da latina tonicus ‘tenso’.

Exemplos *

“...fágome con habilidade coas botellas de jotabé, larios e esmirnof e deixo caer presto os chorros sobre os vasos, indiferente ó gicho que me pide que sexa xeneroso, para logo mesturar os licores coas tónicas e cocacola, dicíndolle milseiscentas porque xa hai varias persoas que me reclaman desde distintos puntos da barra.” (Francisco Alonso: Cemiterio de elefantes / 03.00 AM, 1995)

“O camareiro serviunos unha tónica para el e unha mineral para min. Xa non tiña o corpo para alcol. Gómez indicoume que mellor era pousar arredor dunha mesa.” (Miguel Anxo Fernández: Bícame, Frank, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.