Pedra preciosa fina e moi dura, xeralmente de cor amarela, formada por sílice, alumina e flúor.
Etimoloxía
Desde o latín topazius, –ii e este do grego topazion, os dous termos con significado semellante.
Exemplos *
"… e nos parques e xardíns a area era de ouro e de topacio esmagado, así como o cascallo do camiño." (María Teresa Otero Sande: Relatos)
"…centos e miles de cofres abertos, ateigados de moedas, de alfaias, de pedras preciosas de todas as cores, esmeraldas vexetais, sanguíneos rubís, zafiros celestes, granates e topacios como caramelos…" (Xosé Miranda: Infancia e desventura de Lino Carrán)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.