topógrafo, -a

Persoa que por profesión ou estudo se dedica á topografía

Etimoloxía

Vocábulo que procede do grego topográphos que é unha combinación de topos ‘lugar’ e grapho ‘describir’.

Exemplos *

“Mucha descobre que Violeta, a topógrafa, xa rematou o seu traballo na vila e que prepara a marcha, algo do que aínda non está enterado Metralla.” (AA.VV. La Voz de Galicia, 28-12-2003)

“Entón traballou aló de axudante dun axente de vendas, de albanel, marchou a Venezuela, casou e separouse, traballou nunha empresa de embalaxes, foi condutor de carros, entrou na selva cuns topógrafos, logo traballou noutro ferrocarril no Brasil e, sen saber el como, apareceu no Uruguai, en Montevideo.” (Miguel-Anxo Murado: Memoria de derribos, 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.