torada

Capa máis ou menos grande de neve

Etimoloxía

Creado sobre “toro” que vén do latín torum, -i, usado en xeral para nomear calquera obxecto que sobresae.

Exemplos *

“Caera unha torada de neve cal non se acorda outra. Houben morrer co frío.” (Manuel Rodríguez López: Reencontro coa aldea, 1983)

“Aquela mañá había unha torada de neve que metía medo e eles arrearon cos petos cara ó monte e sen ferramenta.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña, 2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.