torcaza

Ave da familia dos colúmbidos, duns corenta centímetros, de cor cinsenta coas patas e o peteiro granates, pintas brancas nas ás e nos laterais do pescozo e no extremo do rabo unha ancha banda negra

Etimoloxía

O nome co que se coñece esta ave lévanos ao latín torques ‘colar’ que coincide coas manchas no pescozo que semellan un colar. A denominación científica é Columba palumbus.

Exemplos *

“Os animais da fraga osman primeiro ca ninguén os cambios secretos da natureza. Un instinto superior avísaos antes a eles. Foxen as pegas e as torcazas entre as pólas dos piñeiros.” (Víctor F. Freixanes: O triángulo inscrito na circunferencia, 1982)

“Moitas das horas do día pasábaas ollando dende a fiestra cara ás carballeiras; entretíñase a ver pasa-las torcazas que ían do Briadoiro á Carballeira de Baixo.” (Manuel Rodríguez Troncoso: Raíces rurais, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.