tordo

Ave da familia dos túrdidos, que existen varias especies, que se caracteriza por ter o lombo de cor parda e cinsenta e o ventre a pencas, e que se alimenta de bagas, caracois, miñocas e insectos

Etimoloxía

Vocábulo que bebe no latino turdus ‘paxaro groso’.

Exemplos *

“Estes son unhas bagas comidas polos paxaros, merlos, tordos e ferreiriños, que espallan as sementes cos seus excrementos; este mecanismo de dispersión parece o responsábel da rápida diseminación do vexetal.” (Xurxo Pérez Pintos e Xosé Bouzó Fernández: As bioinvasións na Galiza, 2004)

“E en toda ela un colorido primaveral de grises, ocres e verdes, e os voos dos ouriolos, das rulas, galos, tordos, petos... e de outros paxariños.” (Manuel Rodríguez Troncoso: Raíces rurais, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.