Volume da voz nun momento dado
Etimoloxía
Termo cuxa orixe resulta escura nesta acepción.
Exemplos *
“Esvaraba a barca e só se escoitaba a voz do patrón que gurraba con gran habelencia e enerxía, dando ordes cun torgo de voz que invitaba a que os seus compañeiros non protestasen, o que indicaba que debía de ter un dominio total sobre eles.” (Xosé Lois Ripalda: O país dos mil ríos. Cultura fluvial en Galicia, 2009)
“Soamente se queixa algo das pernas. Polo demais, non ten cañas nin casemente engurras. Corpudo, de mente áxil, fala con torgo firme e animoso.” (Xosé Neiras Vilas: Galegos no Golfo de México, 1980)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


