Abertura nun rego por onde se torna a auga para outro rego poñendo un terrón ou un montón de pedras e de terra
Etimoloxía
Palabra derivada sobre o verbo “tornar” que procede do latín tornāre 'tornear'.
Exemplos *
“Os alacráns están en sitios lentos, nos tornadoiros dos lameiros, cantan moi forte, máis forte có grilo, é un chío moi fortísimo.” (Emilio Araúxo: Cinsa do vento. Libro da Ribeira Sacra, 1996)
“Ambos os dous topónimos recollen a palabra tornadoiro, documentada nos dicionarios co significado de ‘lugar no que se desvía a auga dun rego, torna’.” (Fernando Cabeza Quiles: Toponimia de Galicia, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


