tornavoda

Festa que se celebra o domingo seguinte á voda

Etimoloxía

Termo composto coas palabras “torna” do verbo  “tornar” ‘volver’ e “voda” ‘cerimonia de matrimonio’.

Exemplos *

“A tornavoda celébrase oito días despois da voda e ten lugar na casa do noivo. Consiste nun xantar ó que asisten de novo os convidados á voda , pero xa non ten o mesmo ritual.” (Fina María Antón e Manuel Mandianes: O ciclo da vida, 1998)

“E o meu avó , aínda ben non pasara un ano , casaba con rapaza de terra fértil e celebrou a tornavoda cun fillo.” (Margarita Ledo Andión: Porta blindada, 1990)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.