Porción circular de carne, peixe ou froita.
Etimoloxía
Procede do latín torus que designaba, entre outras cousas, o toro das árbores.
Exemplos *
"A vella en persoa supervisou a operación de desalgar os toros de lacón, escollendo os máis tenros cimóns para ferver." (Antonio Rodríguez Baixeiras: O rei dos ameneiros)
"… a praza de Vigo ofrece unha variedade de peixe que fai dubidar á compradora, co corazón dividido entre un peixiño miúdo para envolver en fariña de millo, ou uns toros de abadexo …" (Marilar Aleixandre: Lobos nas illas)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.