torrada

Rebanda de pan empapada en leite e ovo, frixida e azucrada

Etimoloxía

Palabra froito da substantivación do participio “torrado” que vén do verbo “torrar” e este desde o equivalente do latín torreo ‘secar’ ou ‘torrar’.

Exemplos *

“A muller penetrou na reitoral cun prato de torradas. -Tróuxenlle isto para axudalo a soportar estes días de xaxún _indicou a muller, pousando as lambetadas sobre a mesa da cociña.” (Elena Gallego Abad: Dragal III. A fraternidade do dragón, 2012)

“Cando se estragaba o leite facíase requeixo.(...) As torradas, orellas e filloas reservábanse para o Entroido.” (Guillermo Llorca Freire: Ferrol: memoria da vida cotiá, alimentación, oficios, tempo de lecer, tempo de fogar, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.