torre

Peza do xogo do xadrez de valor inferior á dama, que se move no taboleiro en sentido horizontal ou vertical.

Etimoloxía

Procede da forma latina para 'torre', turris, -is.

Exemplos *

"Fan contraste os bandullos do Caudillo e do prócer local, […] coa figura de torre de xadrez do director, que ademais é louro." (Luís Rei Núñez: Expediente Artieda)

"Hai unha semellanza importante entre as cartas e o xogo do xadrez xa que nos naipes que circulaban por Europa aí polo século XV, atopábanse unhas cartas que representaban o alfil e a torre." (Manuel Aneiros: Da antiga arte de bota-las cartas: A baralla española)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.