Torrado cun pouco azucre
Etimoloxía
Voz que remite á latina torrefactus ‘torrado con lume’ ou ‘seco pola calor’
Exemplos *
“Manuel saíra do seu almacén de coloniais onde elaboraba o café torrefacto e relaba o coco para as tortas que fabricaban as monxas clarisas, onde envasaba aceite a granel que entregaba ás familias máis necesitadas dos arrabaldes.” (Xavier Queipo: O ladrón de esperma, 2001)
“Café augado con mestura de torrefacto, leite morno e manteiga holandesa excesivamente dura, croissant envolto en plástico ou pan. Cortou a barra de pan en fatías longas que untou coa manteiga.” (Francisco X. Fernández Naval: Sombras no labirinto, 1997)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


