torresmo

Anaco pequeno de touciño, frixido ou asado no lume

Etimoloxía

Palabra derivada sobre o verbo “torrar” que procede do latín vulgar *torrare que, á súa vez, bebe no latín torrere ‘secar’.

Exemplos *

“A cazola, ao lume, comezando a ferver con cenorias e acelgas compradas onte na praza de abastos, e unha presada xenerosa de sal, que aínda que seica non é bo para a saúde, a el ben que lle sabe. Pasadas pola tixola despois, cuns torresmos machucados con allo picado, e, diante do prato, un copo de viño.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado, 2010)

“Nunca volverían os torresmos premidos no pan de bola no almorzo; nin as cuncas de caldo, por ser verán de repolo ou verza tenra; nin as ceas en casa dos veciños e que tanto incomodaban a familia; nin a merenda de xamón e viño forte na xunta dos mollos.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.