tortilla

Comida feita frixindo ovos batidos nunha tixola, que pode levar outros ingredientes como patacas, espárragos, cebola etc.

Etimoloxía

Palabra derivada sobre estoutra “torta”, a posible orixe é o vocábulo latino torta ‘pastel’.

Exemplos *

“Os pasaxeiros, deglutindo con adefasia uns quilométricos bocadillos de tortilla española, foron conducidos, aínda que non estaba incluído no programa, cara ao norte. Sobre as oito do serán chegaron a Buño.” (Fernando Cabeza Quiles: Domingo de resurección, 2005)

“Estaban sendo as dúas cando chegaron co xantar, que agora si que é de moito termar: chourizos, tortillas, empanada. —Parece unha festa, eh? — dixo un dos nenos.” (Manuel Iglesias Turnes: As rapazas de Xan, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.