tortullo

Cogomelo do filo dos basidiomicetos, de pé abrancazado, firme e fibriloso e sombreiro amarelado ou agrisado e convexo, constituído por láminas desiguais

Etimoloxía

Crese que podería ser unha formación sobre o latín vulgar *tertublu que bebe do clásico terra ruber ‘vulto da terra’.

Exemplos *

“É o caso do Tricholoma equestre, popularmente "tortullo dos cabaleiros", considerado dende sempre un excelente comestible, que na actualidade está catalogado como sospeitoso.” (A. Mínguez: Galiciaé, 22-10-2010)

“Presentan estes días nos tempos outonizos idoneidade extrema para pervagar en piñeirais nos que o tortullo agroma, ou nos albogos de caducifolias, O Incio resultará excepcional escolla, sen desprezar a fraga de Caaveiro.” (Vítor Vaqueiro: Os xenerais de África, 1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí