torzón

Dor forte localizada no ventre, debida a certos trastornos intestinais

Etimoloxía

Voz derivada sobre o verbo “torcer” que procede do latín vulgar *torcere de significado semellante.

Exemplos *

“Porque a pobre tiña torzóns e pasábao moi mal, que eu tamén pasei por esas e peores, que o meu é fundamentalmente intestinal, como sabedes, intestinal pero con complicacións hepáticas; e, ademais, cantos hepáticos teño visto na miña vida e é sempre igual...” (Xavier Lorenzo Tomé: O paxaro que canta un nome, 1996)

“E na sobremesa, (...), botouse a falar outra vez: confesounos que ningún cubano estaba afeito ós excesos na mesa, que el non era unha excepción, e que se ceaba máis do habitual, sentía fortes torzóns, coma se lle cravasen alfinetes no estómago.” (Olegario Sotelo Blanco: Non houbo queixa e outros contos exemplares, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.