tose

Saída súbita e ruidosa do aire contido nos pulmóns, producida pola irritación das mucosas das vías respiratorias.

Etimoloxía

Vén do latín tussis 'tose'.

Exemplos *

"Era a súa unha tose seca, finxida, como a desa xente fina que vai aos concertos." (Manuel Rivas: O lapis do carpinteiro)

"… se polos médicos fose, ti xa estabas criando herbas… ou on lembras cando colliches aquela tose que che rompía o peito e non te deixaba respirar …" (Nazaret López: Pan. Catro propostas arredor da malla)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.