tosteiro

Calor forte do sol

Etimoloxía

Termo derivado sobre o verbo “tostar” que é un derivado do equivalente latina tostare ‘torrar’.

Exemplos *

“¿Que imos nós aquelar no tosteiro do vran máis que agardar, nos hortos resequidos, polo vindeiro Outubro? Algunha desdita está a nos caír enriba.” (Isidoro Millán González-Pardo: T. S. Eliot: Morte na catedral, 1973)

“(...) mándanos de pastores cos seus rabaños, logo de lles aprender cada cousa: cómo cómpre pastorear antes do mediodía e volver pastorear cando alivia o tosteiro.” (Longo: Dafnis e Cloe (trad. Mª Teresa Amado Rodríguez), 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.