touca

Alga comestible do xénero porphyra

Etimoloxía

Crese que podería vir do latín hispánico *tauca ‘veo’.

Exemplos *

“En Galiza hai oito clases de algas: cinta ou correa; folla de maio ou faixa; carballa, touca, xerés ou carromeiro; carrapicho e bucho ou botella.” (Xavier Rodríguez Baixeras: Diario de comidas, 2004)

“Hoxe téñense por comestibles na nosa costa: Cintas ou correas, as chamadas espaguete do mar. (...) Carballa, que chegou coas ostras xaponesas e se reproduce moito, e que en inglés pasa por wakame. Toucas, as denominadas tamén nori. (...) Con todas elas fanse sopas, ensaladas e guisos ben sabedeiros, e cada vez vémo-las máis de gornición.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.