touciñeira

Pau ou utensilio de ferro do que se colga o touciño ou outra carne

Etimoloxía

Vocábulo que se crea sobre a palabra “touciño” que vén do latín tuccetum ‘carne de boi conservada en manteiga’.

Exemplos *

“Xa tiña a carne ben afumada, gardara os ceboleiros e mais as longaínzas, pero na touciñeira quedaban colgadas todas as pezas dos dous porcos que matara, porque inda tiñan carne vella.” (Antón Fraguas Fraguas: O conto de Serafín / O Santuario da Franqueira, 1993)

“O canizo, composto por unhas táboas que deixaban entre elas unhas fírgoas para que entrase para que entrase o fume para así poder deixar completamente enxoitas as castañas.(...) Do teito penduraban as touciñeiras, onde completaban o secado os lacóns e xamóns.” (Xosé Lois Ripalda: A cultura do pan, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.