touciño

Graxa que ten o porco por debaixo da pel, particularmente a da barriga e a do lombo.

Etimoloxía

Parece que a súa orixe está no latín tucca ‘caldo mantecoso’, que daría lugar a tuccetum ‘carne salgada’ e no latín vulgar a *tuccinum (lardo).

Exemplos *

“Agora, se a nai obtiña unha talladiña de touciño, o que adoitaba deberse ao troco por algún obxecto da casa máis que á compra, primeiro fervíao na sopa, logo repartíao para saborealo cun anaco de pan, e finalmente fritía a codia en anaquiños.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro)

“As dúas Marías máis vellas subían nese momento o compango, o touciño, o botelo, os chourizos, as patacas cocidas e a cachola.” (Marcelino Fernández Mallo: Cabilia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.