toupa

Pequeno mamífero da familia dos tálpidos, de corpo cilíndrico e cor negra, coas patas curtas e fortes uñas, coas que escava as galerías en que vive

Etimoloxía

Nome que deriva do latino talpa de significado similar.

Exemplos *

“O autor que compuxo Do ermo asinou unha especie de pacto secreto coas lavercas, coas toupas e acadou un poder sensorial que lle permitiu escoitar o rumor do vento dobrando unha póla ou coñecer cada un dos refuxios, dos hoteis provisionais das andoriñas.” (Pedro Rielo: Galicia Hoxe, 30-3-2007)

“Acostuma vivir en fragas ben conservadas, carballeiras, bosques de ribeira con prados húmidos e pequenos regatos e lugares escarpados con abondosa vexetación. Espera pacientemente a súa presa, trilladeiras, furafollas, toupas e coellos, para caza-las cun salto.” (Yosy Cartelle e Juan Ignacio Días d’a Silva: Guía dos mamíferos de Galicia, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.