Tobo de toupa
Etimoloxía
Palabra creada sobre estoutra “toupa” nome que deriva do latino talpa de significado similar.
Exemplos *
“Sabía que era o intre de deixar o niño baleiro, de botar a correr coma os xabarís polo monte arriba, de agocharse noutra toupeira.” (Beatriz Dacosta Molanes: Cascas de noz, 2000)
“Soterrado nunha fraga de herbas, comprobei con nerviosismo que desta vez non errara nos cálculos. A miña pistola de imitación brillaba ó luar no cráter dunha toupeira. Recollina con urxencia e incorporeime dun brinco cos dentes apertados.” (Xabier López López: Biff, bang, pow. Novela case negra, 1997)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.