toural

Lugar onde se celebra a feira do gando

Etimoloxía

Creación realizada sobre “touro” que vén do equivalente latino taurus.

Exemplos *

“De xeito que Marcial deixara tamén de ir á feira de Valvello, alá na montaña, pra tomar o pulpo no toural, baixo os toldos, entre vacas e porcos, galiñas e puchos.” (Xosé Fernández Ferreiro: Morrer en Castrelo do Miño, 1978)

“ "Din que colleron a Escalzafouces acirolando con Esfarrapada nas poulas de Escornabois", comentaban os homes no toural da feira de Xinzo.” (Fina María Antón e Manuel Mandianes: O ciclo da vida, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí