Mamífero macho ruminante, da familia dos bóvidos, de corpo grande e forte, cabeza grosa con dous cornos, pel dura, pelo curto e rabo longo, que pode ser salvaxe ou doméstico
Etimoloxía
Vocábulo que bebe no latino taurus.
Exemplos *
“Veleí vén o touro bravo, / Veleí vén polo turreiro;/ O aire levoulle a capa / I o vendaval o sombreiro.” (José Casal Lois: Colección de Cantares Gallego, [Edición de Domingo Blancro], 2000)
“Teño de faer unha grade / das polas don limoeiro / aí vos vén o touro bravo / ir chama-lo carniceiro.” (Dorothé Schubarth e Antón Santamarina: Cancioneiro popular galego, VI Coplas diversas, 1993)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


