Mamífero carniceiro da familia dos mustélidos de pelo longo e espeso, agrisado no lombo, negro nas patas e no ventre, e abrancazado con dúas listas negras que van desde o fociño ata detrás das orellas, que vive en tobos profundos e ten costumes nocturnos
Etimoloxía
Termo derivado sobre a palabra “touro” que vén do equivalente latino taurum de significado semellante. O nome científico do animal é meles meles.
Exemplos *
“Pero o xabarín non abandonaba a sobremesa. — El vén tombar os milleiros co lombo e logo come as espigas, detrás vén o tourón, o teixugo, e aprovéitaas, porque el non pode tombar o millareiro. Vén comer nos eidos .” (Xavier Paz: Follas de bacallau, 2005)
“A avoa, nena descalza , cando o soubo, baixou do monte a trancos, coma un penedo a rebolos, coma un tourón enceguecido, sen sentir a dor de toxos nin pedras , coa mirada perdida e cravada alá embaixo.” (J.A. Xesteira: Contos de familia, 2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.