toxal

Lugar poboado de toxos

Etimoloxía

Termo derivado que toma coma base “toxo” que procede dunha palabra prerromana *toxu de significado parello.

Exemplos *

“Nos xardís da túa ribeira / frores: no toxal chorimas / (meigas estrelas da terra / por feras poutas gardadas / cal por dragós as princesas), / nos carreiros margaridas” (Florencio Delgado Gurriarán: “Valdeorras”, Cantarenas, 1981)

“Pradería ídrama dun verde mangallón de sequidade de rocha mariña, sen apenas vexetación, só carpaza e toxais en garda dende sempre coas silveiras, serpes silandeiras.” (Xosé Lois Ripalda: O país dos mil ríos. Cultura fluvial en Galicia, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.