toxo

Arbusto espiñento da familia das leguminosas, de flores alternas cando é novo, que logo son substituídas por espiñas verdes, e flores amarelas, e do que existen varias especies en Galicia.

Etimoloxía

De procedencia incerta, crese que podería chegar do prerromano *toju.

Exemplos *

"A dona conduciuno á horta traseira, onde o primo abría unha gabia cabo da parra, para meterlles ás cepas esterco verde, mulime de piñeiro e toxo." (Bieito Iglesias: A historia escríbese de noite)

"Estrañoume descubrilo agachado entre os toxos, vixiando algo, e esperei." (Dolores Ruíz: Dentro da illa)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.