Arbusto espiñento da familia das leguminosas, de flores alternas cando é novo, que logo son substituídas por espiñas verdes, e flores amarelas, e do que existen varias especies en Galicia.
Etimoloxía
Pénsase que podería proceder dunha palabra prerromana *toju.
Exemplos *
"Ó día seguinte, Anxo xa estaba como novo, polo que non había motivos para non ir ó monte a apañar estrume e toxo para o curral." (Beatriz Dacosta Molanes: Casca de noz)
"De ter sido así, Gregorio había de andar cerca, axexando desde algún lugar entre os penedos, na fraguiza, ou entobado no medio dos toxos e uces." (Xosé Fernández Ferreiro: Agosto do 36)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.