traballo

Actividade profesional concreta que constitúe un medio de vida

Etimoloxía

Regresivo de “traballar” que vén do latín vulgar *tripaliare ‘traballar’, que procede do latín tripaliu ‘instrumento de tortura’.

Exemplos *

“Ao avó habíanlle pagar unhas cadeliñas, seguro, por pouco que fora sempre había ser máis ca a paga que tiña ou o que o papá gañaba polo seu traballo.” (Antón Dobao: Incertos/ Valor de produción, 2008)

“Asegurou que era a súa vocación, que non existía outro traballo que tivese interese e profundidade de miras para el.” (Fernando Díaz-Castroverde: Microbios e outros paquidermos / Técnico Superior en Recursos Mortuorios, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.